19 septiembre 2012

1º CONCENTRACIÓN CONTRA O CONVENIO E MACRO CANCEIRA QUE PRETENDE ABRIR A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

21 SEPTIEMBRE ÁS 21:00 horas
ANTE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA



Dito convenio para a recollida dos cans e cadelas abandonados da provincia de Pontevedra vulneraría os dereitos dos animais, as administracións públicas incumprirían as leis de proteción animal autonómicas, estatais e europeas.

Entre outras cousas, en ningun momento se mostra interese, preocupación e solución a onde serán levados e como serán tratados os animais abandonados, así como cal será o seu destino. Sacrificio masivo?
As instalacións de A Armenteira só ten capacidade para 500 cans e cadelas, que van a facer cos mais de 2000 abandonados?

Recolleran os nosos propios animais mortos, cómo? A onde os levarán? Onde e cómo se practicará a súa incineración?

As Asociacións Protectoras de Animais da provincia de Pontevedra abaixo sinaladas queremos pedir a toda a cidadanía dos concellos de Pontevedra o apoio a esta nosa loita, a esta causa que nos concerne a todos e todas.

Axúdanos a loitar contra esta masacre e eliminación dos animias abandonados á sua sorte sin voz de defensa, sin voz que poida pedir auxilio.

DA A TÚA VOZ AOS ANIMAIS ABANDONADOS!!!!!
ÚNETE A NOSA CAUSA!!!


Asociación protectora de animales de Vilagarcia, Refugio de animales de Cambados, Os Palleiros,Asociación protectora de animales de Marin, Difusión Felina, Adopciones Galicia, Asociación protectora de animais de Porriño, Proyecto Gato, Os Biosbardos, Animales sin fronteras, Adopta Galicia Animal, Libera Animal e persoas anónimas que respetamos a vida dos animais.

Ese mesmo día haberá UNHA MESA INFORMATIVA da PLATAFORMA "NON A MASACRE DE CANS EN PONTEVEDRA" onde teredes á vosa disposición follas para a recollida de sinaturas e folletos informativos.
Todos e todas as que queirades unirvos á Plataforma de forma persoal podedes facelo.

ANIMAMOSVOS A ACUDIR!!!
Non podemos seguir permitindo que se sigan tomando decisións sin respetar as leis, sin respetar ás Protectoras e menos ainda sin respetar o dereito á vida dos animais!!

HOXE decimos BASTA!
HOXE decimos ATA AQUÍ!
ESCOITENNOS!!!



VENRES 21 DE SETEMBRO ÁS 21:00 horas ANTE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

AVD. MONTERO RÍOS S/N EN LA ALAMEDA.

Podedes acompañar á concentración con VELAS en sinal de duelo polas vidas dos animais indefensos sacrificados e os que morrerán si o convenio se leva a cabo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario